Como contábamos no fío, na nova tempada do programa Casamos (leva 14 en emisión no primetime da TVG), incluímos a grabación dunha compra sorpresa de lencería que unha das persoas da parella lle fai ao seu futuro marido/muller. Consistiría na proba de tres propostas nunha tenda de lencería para que a noiva ou noivo escolla o que máis lle gusta para agasallar e trataríase dunha colaboración con modelos locais, para intentar que non ocasione un gasto extra. O que si, no caso de que haxa un desprazamento, poderíamos facer fronte aos gastos de traslado.
En agradecementos, obviamente, figuraría o voso nome, e poderíades descargar - unha vez emitido o programa - as imaxes para usalas nos vosos books ou videobooks.
Se vos apetece e interesa, o que facemos e gardarvos na nosa lista para cando teñamos unha gravación na area na que residides avisarvos.